Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2022 Páx. 48483

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de publicación da modificación da oferta de emprego público.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 150, do día 2.7.2022, saíu publicada a oferta de emprego público de 2022 do Concello de Sarria.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 197, do día 29.8.2022, saíu publicada a modificación da oferta de emprego público de 2022 do Concello de Sarria, por aceptación dos recursos interpostos, polo que queda sen efecto a publicada no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 150, do día 2.7.2022.

O que se publica en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Sarria, 1 de setembro de 2022

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde