Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48497

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 153/2022, do 13 de setembro, polo que se lle encarga o despacho dos asuntos da Consellería de Política Social e Xuventude, durante a ausencia da súa titular, ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación.

Con motivo da ausencia temporal da conselleira de Política Social e Xuventude, por razóns de maternidade, é necesario prover a súa substitución durante o tempo de duración desta.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e conforme o establecido no Decreto 60/2022, do 15 de maio, polo que se nomean os titulares das vicepresidencias e consellerías da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Durante a ausencia temporal da conselleira de Política Social e Xuventude, por razóns de maternidade, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería de Política Social e Xuventude, ata a súa reincorporación, ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación.

Santiago de Compostela, trece de setembro de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente