Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48498

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 7 de abril de 2022 pola que se convocan para o ano 2022 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento IF312A e IF312B) (Diario Oficial de Galicia número 72, do 13 de abril).

Mediante a Resolución do 7 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, indicada no sumario, nomeouse o tribunal para as convocatorias do ano 2022.

Logo da dita designación, producidas modificacións nas persoas responsables de servizos integrados nesta dirección xeral, e coa finalidade de garantir o correcto desenvolvemento das probas, estímase procedente incorporar as ditas variacións no propio tribunal, substituíndo a persoa designada como secretaria e suprimindo unha das vogais suplentes. Xa que logo, mediante a presente resolución procédese á substitución da secretaria e á supresión dunha vogal suplente, sen prexuízo de que, por razóns de garantir a máxima transparencia e facilitar o coñecemento do tribunal por parte das persoas interesadas, se efectúe a designación íntegra del.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Modifícase o punto 15 da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 7 de abril de 2022 pola que se convocan para o ano 2022 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2022, publicada no DOG do 13 de abril, que queda redactado como segue:

«– Presidente:

Antón García Río.

– Presidentes suplentes:

Marta Vázquez Sanjurjo.

Juan Alberto Vidal Herrador.

– Vogais:

Juan Alberto Vidal Herrador.

Eduardo Suárez Campo.

María Inmaculada Carril Barco.

– Vogais suplentes:

Elena Prado Veiga.

Tamara Subiela Gómez.

Marta Figueiras García.

– Secretaria:

María Teresa Somoza García.

– Secretaria suplente:

Marta Figueiras García».

Segundo. Esta resolución producirá efectos desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2022

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade