Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48500

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición da Comisión de Selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22.

A Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 29 de xuño de 2022, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22 (DOG núm. 131, do 11 de xullo), establece no seu artigo 13 que, para valorar os méritos das persoas participantes, a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional designará unha comisión formada por un presidente ou unha presidenta e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación.

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional viuse afectada pola reestruturación establecida no artigo 6 do Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 101, do 27 de maio).

De conformidade co establecido no citado artigo 13, na disposición derradeira primeira da citada Orde do 29 de xuño de 2022 e no Decreto 73/2022, do 25 de maio, esta dirección xeral

RESOLVE:

Designar os membros da Comisión de Selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22, que é a que figura a seguir:

Titulares:

Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.

Vogais:

María del Carmen Areán Vázquez, inspectora de Educación.

José Fernando Carrasco Mera, inspector de Educación.

María Magdalena Duarte Blanco, inspectora de Educación.

Suplentes:

Presidenta: Branca Nazaré Guerreiro Muñoz, inspectora de Educación.

Vogais:

Genoveva Carmen Ferreiro Pumariño, inspectora de Educación.

Patricia Gens Autrán, inspectora de Educación.

María Elena Urtiaga Estévez, inspectora de Educación.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2022

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa