Referencia ao artigo concreto que habilita a publicación no DOG: artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Suposto de feito concorrente: interesados descoñecidos.
Para os efectos de garantir o trámite da notificación, procédese á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, co seguinte contido:
Comunicación para lembrar o cumprimento das obrigas legais sobre prevención e defensa contra os incendios forestais
Expediente: 2022Biom000049-1.
Datos catastrais da parcela: 0912529NH0101S0001JX, avenida Romero Ortiz, núm. 61, Ribeira.
Identificación da persoa/entidade responsable e título polo cal é considerada como tal: hros. Cipriano Graña Rivas.
Título/procedencia dos datos: listaxe IBI. O titular actual é descoñecido, polo que resulta necesario publicar no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia o presente aviso.
Feitos que motivan a comunicación ou o requirimento e modo de constatación destes:
Vexetación accesoria de especies non permitidas en toda a superficie do predio.
Concreta obriga incumprida co seu fundamento legal:
Obriga de xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano, excepto nos supostos en que, pola extensión ou especial dificultade dos labores de xestión de biomasa ou retirada de especies, sexa necesaria a elaboración dunha planificación anual das actuacións, conforme o artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Os mesmos criterios rexen con carácter subsidiario en solo urbano.
Traballos para realizar polos titulares/responsables dos terreos:
Xestión da vexetación accesoria en toda a superficie do predio e retirada ou trituración dos restos. Xestión de biomasa accesoria que poida invadir a vía pública e as propiedades lindeiras, e retirada ou trituración dos restos.
Prazo máximo para o cumprimento voluntario, que se computará desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación ou do requirimento ou da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e será de quince (15) días naturais.
Apercibimento:
Apercíbese de que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo outorgado, procederase á execución subsidiaria sen máis trámites.
A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento ten a obriga legal de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria. Este último ten a facultade de acceder sen necesidade de consentimento da persoa titular, excepto naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución.
Liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a referida execución subsidiaria, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados, de ser o caso, os traballos:
A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa.
Liquidación provisional: non estimada.
Advertencia:
En caso de persistencia no incumprimento tras o transcurso do prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.
De conformidade co establecido polo artigo 54 da Lei 3/2007, do 9 de abril, as competencias para incoar, instruír e resolver os procedementos sancionadores por infraccións derivadas do incumprimento das obrigas incluídas no ámbito de aplicación desta instrución corresponden:
a) Aos concellos nos supostos de incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa e arredor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións, sempre que se encontren en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural.
b) Á Administración xeral da Comunidade Autónoma en todos os demais casos.
O incumprimento da obriga de xestionar a biomasa con arranxo ao previsto nos artigos 21, 21.ter e 22 e na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, está tipificado como infracción en materia de incendios forestais (artigo 50.2.1). Cualificación: leve (artigo 51.3.b). Sanción prevista: multa desde 100 ata 1.000 euros (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, segundo o previsto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril).
Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.
Normativa aplicable:
– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
– Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Ribeira, 18 de agosto de 2022
María José Sampedro Fernández
Alcaldesa en funcións