Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia en relación cos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforzo LMTA GON805 de derivación aos CC.TT. A Lama e Camos II, no concello de Nigrán.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforzo LMTA GON805 de derivación aos CC.TT. A Lama e Camos II, que se realizarán na casa do concello de Nigrán, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 31 de agosto de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/001-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforzo LMTA GON805 de derivación aos CC.TT. A Lama e Camos II.

Concello: Nigrán.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

54035A032001300000HO

O Castelo

Descoñecida

8 de novembro de 2022

12.00

3

54035A032001330000HD

O Castelo

Descoñecida

8 de novembro de 2022

12.00

5

54035A032002600000HK

Lama

Descoñecida

8 de novembro de 2022

12.00