Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se lles notifica, mediante edicto, a convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2021/169-1 ás persoas ás cales non se lles puido notificar persoalmente.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas relacionadas no anexo que se xunta a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Cubelas e Ribeira, no concello de Vedra (expediente IN407A 2021/169-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e horario sinalados no expediente.

O texto íntegro deste acto atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa nos teléfonos de contacto 981 18 23 78 ou 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para acceder ao contido do expediente.

Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 31 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/169-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Cubelas e Ribeira.

Concello: Vedra.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Sarandón

Salomé Cao Pazos

18.10.2022

9.30

9

Sarandón

Celestino Lata Carbia

18.10.2022

11.00

10

Sarandón

Manuel Tato Balboa

19.10.2022

9.30

13

Sarandón

Obdulia Pereiras González

19.10.2022

10.00

14

Sarandón

Jesús Manuel Louro Boo

18.10.2022

10.00

21

Sarandón

Lidia Sinde Gil

20.10.2022

10.00

22

Sarandón

Celestino Lata Carbia

20.10.2022

10.00

24

Sarandón

Herdeiros de Esperanza García Vicente

20.10.2022

10.30

25

Sarandón

Herdeiros de Esperanza García Vicente

20.10.2022

11.00