No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 152, do 11 de agosto de 2022, publicouse o texto integro das bases específicas da convocatoria para a provisión en propiedade con funcionario/a de carreira dunha (1) praza de persoal funcionario/a de técnico/a superior en Administración local, correspondentes ao grupo A, subgrupo A1, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnico/a superior, nivel 24, incluída na oferta de emprego público do ano 2021 do Concello de Pontedeume, e convocar as correspondentes probas selectivas, aprobadas pola Resolución da Alcaldía nº 517/2022, do 28 de xullo de 2022.
A praza está incluída na oferta de emprego público do Concello de Pontedeume do ano 2021.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Pontedeume (taboleiro electrónico: https://sede.pontedeume.gal), na páxina web municipal e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, cando proceda de acordo coas bases específicas da respectiva convocatoria.
Pontedeume, 11 de agosto de 2022
José Simoes Couceiro
Alcalde en funcións