Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48725

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación das bases específicas e da convocatoria dunha praza incluída na oferta de emprego público do ano 2021.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 152, do 11 de agosto de 2022, publicouse o texto integro das bases específicas da convocatoria para a provisión en propiedade, con funcionario/a de carreira, dunha (1) praza de persoal funcionario/a de técnico/a de xestión, correspondente ao grupo A, subgrupo A2, encadrada na escala de Administración xeral, subescala xestión, nivel 24, incluída na oferta de emprego público do ano 2021 do Concello de Pontedeume, e convocar as correspondentes probas selectivas, aprobadas pola Resolución da Alcaldía nº 522/2022, do 1 de agosto de 2022.

A praza está incluída na oferta de emprego público do Concello de Pontedeume do ano 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Pontedeume (taboleiro electrónico: https://sede.pontedeume.gal), na páxina web municipal e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, cando proceda de acordo coas bases específicas da respectiva convocatoria.

Pontedeume, 11 de agosto de 2022

José Simoes Couceiro
Alcalde en funcións