A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 26 de xullo, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2022: axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e o prazo de presentación de solicitudes queda aberto a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, durante quince días hábiles.
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2022
José Antonio Redondo López
Conselleiro maior