Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 26 de febreiro pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Finanzas pola Universidade de Vigo.
Vigo, 6 de setembro de 2022
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Finanzas pola Universidade de Vigo
Código RUCT: 4310392.
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.
Universidades participantes: Universidade de Vigo.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias |
40,5 |
Optativas |
0 |
Prácticas externas |
9 |
Traballo fin de máster |
10,5 |
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Contido do plan de estudos.
Materia |
ECTS |
Carácter |
O Sistema de Información na Empresa. Diagnóstico Financeiro |
6 |
OB |
Fundamentos Matemáticos das Finanzas |
4,5 |
OB |
Viabilidade de Proxectos |
6 |
OB |
Xestión de Investimento e Financiamento |
4,5 |
OB |
Xestión de Circulante |
6 |
OB |
Estratexia e Política Financeira |
3 |
OB |
Mercados Financeiros |
4,5 |
OB |
Xestión Financeira Internacional |
3 |
OB |
Xestión de Riscos |
3 |
OB |
Prácticas en Empresas |
9 |
OB |
Traballo de Fin de Máster |
10,5 |
OB |
Para obter o título de máster universitario en Finanzas, o alumnado deberá superar os 60 créditos ECTS de que consta o máster: é indispensable cursar e superar as 9 materias obrigatorias, as prácticas externas e o traballo fin de máster.