Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48654

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Dirección de Arte en Publicidade.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 16 de decembro de 2010 pola Resolución do Secretario Xeral de Universidades do 22 de novembro de 2010).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Dirección de Arte en Publicidade pola Universidade de Vigo.

Vigo, 6 de setembro de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Dirección de Arte en Publicidade pola Universidade de Vigo

Código RUCT: 4312604.

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

36

Optativas

6

Prácticas externas

6

Traballo Fin de Máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia

ECTS

Carácter

Módulos

Teorías do deseño e a creatividade

3

OB

Módulo 1:

Contextualización e Contorna da Comunicación

Dirección e xestión publicitaria

3

OB

Tendencias do sector

3

OB

Planificación estratéxica

3

OB

Módulo 2:

Deseño e Dirección Creativa

Creatividade e mensaxe publicitaria

3

OB

Deseño gráfico

6

OB

Fotografía publicitaria

3

OB

Creación publicitaria para medios audiovisuais

3

OB

Deseño para medios dixitais

3

OB

Deseño e produción para novas tendencias en comunicación

6

OB

Proxectos: creación e presentación

3

OP

Módulo 3:

Produción Creativa Publicitaria

Produción para medios gráficos

3

OP

Produción para medios audiovisuais

3

OP

Produción para medios dixitais

3

OP

Prácticas académicas externas

6

OB

Módulo 4:

Prácticas Académicas Externas e Traballo de Fin de Máster

Traballo Fin de Máster

12

OB

Para obter o título de máster universitario en Dirección de Arte en Publicidade, o alumnado deberá superar os 60 créditos ECTS de que consta o máster, 54 son obrigatorios e 6 correspóndense con materias optativas.