Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48656

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Comercio Internacional.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 11 de maio pola Resolución do Secretario Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Comercio Internacional pola Universidade de Vigo.

Vigo, 6 de setembro de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Comercio Internacional pola Universidade de Vigo

Código RUCT: 4310382.

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

48

Prácticas externas

6

Traballo Fin de Máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia

ECTS

Carácter

Economía Internacional

3

OB

Dirección Internacional da Empresa

4,5

OB

Contabilidade e Finanzas Internacionais

4,5

OB

Xestión das Operacións Internacionais

4,5

OB

As TIC no Comercio Internacional

4,5

OB

Inglés Comercial

4,5

OB

Dereito Internacional e Contratación

3

OB

Marketing Internacional

4,5

OB

Fiscalidade Internacional

3

OB

Transporte e Loxística

3

OB

Novas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións no e-Comercio

4,5

OB

Comunicación Profesional Internacional

4,5

OB

Prácticas Externas

6

OB

Traballo Fin de Máster

6

OB

Para obter o título de máster universitario en Comercio Internacional, o alumnado deberá superar os 60 créditos ECTS de que consta o máster.