Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48950

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 10 de setembro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe/a de grupo, área de cociña.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 145, do 29 de xullo), así como na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 106, do 5 de xuño), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan ás áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), e a Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 82, do 29 de abril),

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria, para a súa provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a de grupo-área de cociña da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol.

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no rexistro da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, dirixidas ao Xerente da Área Sanitaria, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da data de publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As bases da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios de Recursos Humanos, sito na planta baixa do Hospital Arquitecto Marcide e, así mesmo, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ferrol, 10 de setembro de 2022

Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol