Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48948

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocados mediante a Orde do 26 de xullo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 153, do 11 de agosto).

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocados o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocados mediante a Orde do 26 de xullo de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 153, do 11 de agosto de 2022, e por delegación do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da dita Orde do 26 de xullo de 2022, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, coa composición que se relaciona no anexo.

A Estrada, 13 de setembro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Proceso selectivo de acceso por oposición libre e proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica,
categoría de policía

–Tribunal titular:

Presidenta: María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretario: Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.

Vogais:

Diego Someso Anguita, oficial do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.

Estefanía Puga Torres, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Susana Martín Iglesias, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp.

–Tribunal suplente:

Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Vogais:

Francisco Carro Rey, inspector do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.

Begoña del Río Martínez, policía do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Andrés González Murga, secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.