Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48947

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 156, do 18 de agosto de 2022, é necesario facer as seguintes correccións:

Na páxina 44359, no primeiro parágrafo do punto 5.2, onde di: «A fase de oposición será posterior á fase de concurso e constará de dúas probas de coñecementos referidos ao temario da presente convocatoria e que se recolle no seu anexo VI e, de ser o caso, a proba de coñecemento da lingua galega», debe dicir: «A fase de oposición será posterior á fase de concurso e constará de tres probas de coñecementos referidos ao temario da presente convocatoria que se recolle no seu anexo VI e, de ser o caso, a proba de coñecemento da lingua galega».