O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2022, que se incorpora no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2022
Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022
Descrición |
Importe |
Data |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para a mellora da competitividade, do fomento e da promoción das confrarías de pescadores. |
27.000 € |
27.5.2022 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución, para acadar a mellora da competitividade. |
16.000 € |
27.5.2022 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar os obxectos básicos de fomento da organización sectorial e a mellora da súa competitividade. |
16.000 € |
27.5.2022 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial, a visibilización do seu sector e a mellora da súa competitividade. |
5.000 € |
27.5.2022 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña, para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial e mellora da súa competitividade. |
16.000 € |
31.5.2022 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para a mellora da competitividade, do fomento e da promoción das confrarías de pescadores. |
Sen custo económico |
8.6.2022 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo, para a celebración do XX Congreso do Instituto Internacional de Economía e Comercios Pesqueiros en Vigo, no ano 2022. |
18.150 € |
23.6.2022 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades de dinamización das embarcacións tradicionais durante o ano 2022. |
28.500 € |
22.8.2022 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades de dinamización e fomento da carpintería de Ribeira durante o ano 2022. |
30.000 € |
22.8.2022 |