Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48943

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e se convocan as correspondentes ao ano 2022, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155B).

A Orde do 11 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 24, do 4 de febreiro) establece as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020.

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, «Os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención».

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na convocatoria de 2022, con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.723C.780.1 para o financiamento de proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro, cofinanciadas nun 85 % polo FEMP.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2022

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

– Aplicación 15.03.723C.780.1.

Proxecto

Beneficiario/a

Total

Alianza por un futuro sustentable,

pesca con ciencia

GALP Seo Fisterra, Ría Muros-Noia. Costa Sostible (representante)

6.658,73

GALP Golfo Ártabro Norte

6.658,73

GALP Ría de Arousa

6.658,77

GALP Ría de Pontevedra

6.658,77

GALP Ría de Vigo

6.658,76

GALP Golfo Ártabro Sur

6.658,74

Importe total

39.952,50

Proxecto

Beneficiario/a

Total

Rede Rema, promovendo a cultura mariñeira no espazo atlántico. Rema II

GALP Costa da Morte (representante)

5.808,00

GALP Golfo Ártabro Norte

5.808,00

GALP Seo Fisterra, Ría Muros-Noia. Costa Sostible

5.808,00

GALP Ría de Arousa

5.808,00

GALP Ría de Pontevedra

5.808,00

GALP Ría de Vigo

7.199,50

GALP Golfo Ártabro Sur

5.808,00

Importe total

42.047,50