A Orde do 27 de decembro de 2021 (DOG núm. 18, do 27 de xaneiro de 2022) establece as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.
De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o artigo 34 da referida orde reguladora dispón que a Consellería do Mar publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, as axudas concedidas con suxeición a esta orde, e indicará o programa e crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención.
En consecuencia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na convocatoria de 2022, con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.03.723C.780.0 e 15.03.723C.770.0, para o financiamento de proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), cofinanciadas nun 85 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2022
Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
– Proxectos non produtivos.
– Aplicación 15.03.723C.780.0.
Proxecto |
Beneficiario/a |
Total (€) |
GALP1-212 Posta en valor dos fondos documentais históricos do Concello de Foz |
Concello de Foz |
16.431,80 |
GALP2-231 Mellora da actividade marisqueira da Confraría de Barallobre, fase II |
Confraría de Pescadores de Barallobre |
106.558,80 |
GALP2-235 Automóbiles para mostraxes e vixilancia, escáner e impresora |
Confraría de Pescadores de Ferrol |
45.546,02 |
GALP2-229 Mellora da actividade pesqueira e marisqueira na Confraría de Mugardos |
Confraría de Pescadores de Mugardos |
5.015,26 |
GALP2-227 Mellora da mobilidade nos bancos marisqueiros dos socios e socias da Confraría de Miño |
Confraría de Pescadores de Miño |
5.411,93 |
GALP2-244 Instalación de cámaras de seguridade na nave do porto |
Confraría de Pescadores de Ares |
9.164,00 |
GALP2-248 Cociña mariñeira no Concello de Miño II |
Concello de Miño |
17.968,50 |
GALP2-250 Dragon boat no Golfo Ártabro |
Cabanas KDM |
16.379,76 |
GALP3-097 Beira atlántica: roteiros e conversas na beira da Barca |
Asociación de Profesionais Percebe da Barca |
43.973,82 |
GALP3-094 Promoción da Ruta dos peixes e mariscos da lonxa de Laxe |
Confraría de Pescadores de Laxe |
10.593,00 |
GALP3-098 Arte do mar |
Asociación Mar de Fábula |
5.275,16 |
GALP3-100 A Laracha activa e mar de Caión |
Concello da Laracha |
64.408,91 |
GALP3-096 Posta en valor e musealización da carpintaría de ribeira |
Concello de Laxe |
15.412,07 |
GALP4-116 Promoción dos camiños andar ao mar |
Concello de Carnota |
28.400,00 |
GALP4-119 Achegamento ás embarcacións tradicionais para a mocidade da ría Muros-Noia |
Concello de Outes |
4.950,11 |
GALP5-296 Coidamar |
Confraría de pescadores San Martín do Grove |
12.738,67 |
GALP5-302 Vehículo isotermo |
Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal |
30.387,00 |
GALP5-295 Adquisición tractor para traballos no banco marisqueiro a pé |
Confraría de pescadores de Rianxo |
45.300,00 |
GALP5-300 Turismo mariñeiro en Vilaxoán e visita virtual |
Concello de Vilagarcía de Arousa |
17.231,21 |
GALP5-298 Mellora da gobernanza na xestión marisqueira no ámbito territorial |
Confraría de pescadores de Arousa |
19.570,00 |
GALP5-304 Proxecto Lique |
Asociación Ámbar das persoas con diversidade funcional |
11.202,18 |
GALP5-299 400 anos do estanque da Seca |
Concello de Cambados |
25.373,43 |
GALP5-301 Boiro libre de plásticos |
Concello de Boiro |
29.759,00 |
GALP6-243 Senda peonil en Faxín-Dena |
Concello de Meaño |
19.982,21 |
GALP6-237 Conxunto arqueolóxico petróglifos de Mogor |
Concello de Marín |
31.403,42 |
GALP6-252 O remo elemento integrador na ría |
Club de Remo Ría de Marín |
14.369,85 |
GALP6-244 Formación do sector marisqueiro sobre a problemática das algas de arribazón e os sistemas de recollida da lonxa de Campelo AIE |
Lonxa de Campelo AIE |
7.084,30 |
GALP6-248 Lixo mariño-contornas |
Asociación Cultural Rías de Vida |
2.233,49 |
GALP6-242 Adaptabilidade e accesibilidade universal, unha porta ao mar, eliminando barreiras |
Club Náutico de Portonovo |
11.050,84 |
GALP7-182 Proxecto de intervención a través da cultura da música mariñeira |
Asociación de Familiares de Personas con Alzhéimer del Morrazo (Afamo) |
12.495,00 |
GALP7-176 Plan de voluntariado da Rede de varadas de Galicia |
Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) |
10.705,52 |
GALP7-181 Canido, lonxa viva |
Confraría de pescadores de Vigo |
30.046,31 |
GALP7-184 Alternativas sostibles de ocio e culturais da enseada de San Simón |
Club Deportivo Salitre |
39.762,00 |
GALP7-185 Vocabulario náutico galego |
Asociación Mar da Pedra, Amigos das Gamelas |
22.912,56 |
GALP7-177 Moaña, un mar de mulleres |
Concello de Moaña |
16.328,47 |
GALP8-107 Instalacións de paneis solares na lonxa de Sada |
Confraría de pescadores de Sada |
57.000,41 |
GALP8-106 Mellora enerxética oficina Confraría de Sada |
Confraría de pescadores de Sada |
3.726,00 |
GALP8-111 Carpa Club de vela Alamar |
Club Alamar Sada |
4.125,00 |
– Proxectos produtivos.
– Aplicación 15.03.723C.770.0.
Proxecto |
Beneficiario/a |
Total (€) |
GALP1-208 Fortalecemento da cadea vertical de distribución |
Pescados y Mariscos de Rin, S.L. |
12.561,83 |
GALP1-209 Implementación de novas tecnoloxías de venda en liña. |
Iria Fernández Yáñez |
2.980,58 |
GALP1-211 Mellora da rastrexabilidade |
A Traíña Peixes e Mariscos, S.L. |
6.745,50 |
Galp1-213 Tangram centro multidisciplinar |
Aravela Otero Justo |
20.055,02 |
GALP2-238 Furgoneta isoterma e balanza electrónica |
Cristina Leal Rodríguez |
12.440,08 |
GALP2-247 Nova liña de elaborados de pan, empanadas e chocolates con produtos do mar |
Panadería Patricio, S.L. |
145.784,20 |
GALP2-228 Remolque para traslado |
Nicolás Meis Díaz |
2.320,00 |
GALP2-232 Vehículo con isotermo, transporte e venda de produtos de pesca artesanal |
Juan Santiago Alonso Cudilleiro |
20.212,94 |
GALP2-233 Furgón isotermo |
Juan Alberto Pazo Vales |
9.874,77 |
GALP2-249 Furgoneta |
Salvador Piñeiro Montero |
13.709,62 |
GALP2-242 Adquisición de balanza e outros |
María Elena Castro Gómez |
709,20 |
GALP2-243 Adquisición de balanza colgante |
Francisco Cartelle Rodríguez |
860,40 |
GALP 3-099 Art surf camp |
Albergue de Surf Razo, S.L. |
44.036,20 |
GALP3-101 Nova liña de embalaxe e conxelado |
Pescados Jesús Pedreira Pose, S.L. |
18.393,01 |
GALP6-246 Fabricación de produtos con materiais reutilizados e residuos provenientes da manufactura |
Nordés Velería, S.L. |
8.745,30 |
GALP7-186 Nigrán Activa: natureza, patrimonio e mar |
Nigrán Skate and Camps, S.L. |
59.704,50 |
GALP7-180 Rías Baixas pesca turismo |
Severino Casal Diz |
12.298,74 |
GALP7-178 Eficiencia enerxética, mellora da seguridade e melloras de xestión |
Frigoríficos de Vigo, S.A. |
59.975,52 |
GALP7-174 Envasado e etiquetaxe de algas |
H. Q. Seaweed, S.L. |
13.809,63 |
GALP7-172 Biodiversidade e ambiente a bordo-Julio Verne Náutica |
Veruela 2000, S.L. |
25.814,80 |
GALP7-183 Mellora valor engadido, procesos, control, acceso e eficiencia enerxética |
Gandón, S.A. |
24.166,68 |
GALP8-110 Áxil empaque: modernización do proceso de limpeza e empaque |
Juan García Pesca, S.L. |
22.205,00 |
GALP8-108 Adquisición dun vehículo isotermo |
Olga Áurea Vidal Mouriño |
15.528,63 |
GALP8-113 Compra de furgoneta |
Restafresh Coruña, S.L. |
10.866,81 |