Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48937

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 9 de setembro de 2022 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión das axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), convocadas pola Orde do 15 de decembro de 2021.

BDNS (Identif.): 601823.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas, xurídicas ou a pluralidade de persoas físicas que sexan peme do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.

Segundo. Finalidade

A finalidade da presente orde é a de ampliar o crédito para contribuír ao financiamento dos investimentos destinados a pemes de transformación de produtos da pesca e da acuicultura.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 15 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento tramitado como expediente anticipado de gasto para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2022.

Cuarto. Importe

Amplíase o importe da contía máxima das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 15 de decembro de 2021 (DOG núm. 248, do 28 de decembro) para o exercicio orzamentario de 2022, na cantidade de 1.183.984,75 euros, con cargo á aplicación 15.02.723A.771.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida Orde do 15 de decembro de 2021 para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2022

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar