Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2022 Páx. 49246

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo III na categoría de técnico/a especialista de transporte e distribución, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 1 de decembro de 2021 (DOG do 15 de decembro), mediante a cal se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo III na categoría de técnico/a especialista de transporte e distribución, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos Estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección, e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo:

https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

Segundo. Convocar nun único chamamento as persoas aspirantes o día 26 de outubro de 2022, na aula do andar 1 do Edificio de Deportes do Campus de Vigo, ás 9.30 horas, para realizar o primeiro exercicio. Deberán presentar o DNI e necesitarán bolígrafo negro ou azul.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 14 de setembro de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo