Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2022 Páx. 49248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 25 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello do Padrenda (expediente IN407A 2022/115-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.; CIF: B32274680.

Domicilio social: rúa Coruña, nº 20, 36700 Tui, Pontevedra.

Denominación: modificación LMTA Lavandeira (3071-AT), proxecto de xullo-2022.

Situación: lugar Lavandeira, concello de Padrenda.

Características principais recollidas no proxecto:

– Modificación da LMTA Lavandeira, a 20 kV, con novo trazado en subterráneo en canalización entubada entre os apoios 2 e 3 de proxecto, apoios de celosía metálica C-4500/20 e C-3000/18 respectivamente con paso A/S, en condutor tipo RHZ1-OL-12/20 kV 3×240 Al de 110 m de lonxitude, e modificación do tramo aéreo existente coa instalación do novo apoio, tamén de celosía metálica do tipo C-3000/20, en substitución do existente de formigón.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado número 2880 do COITI-Vigo, en xullo de 2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentaren as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 25 de agosto de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Número de expediente: IN407A 2022/115-3.

Titular: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.

Situación: Lavandeira, concello de Padrenda.

Denominación da instalación: modificación LMTA Lavandeira (3071-AT), proxecto de xullo-2022.

Terreo

Titular

Liña de media tensión subterránea

Apoios

Predio

Referencia

catastral

Polígono

Parcela

Nome e apelidos

Trazado (m)

Servidume de paso (m²)

Superficie

(m²)

1

32057A04800241

48

241

Serafín Domínguez Rodríguez

4

2

1

4

2

32057A04800044

48

44

Lucinda Fernández González

4

2

1

4

3

32057A04800045

48

245

Josefa Pintos Lamas-Fernández

0

0

1

4