Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49397

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos).

Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre os asinantes para desenvolver as actividades e actuacións planificadas para o ano 2022 no marco do Proxecto Ríos, programa de voluntariado e educación para a sustentabilidade que pretende dar resposta á problemática da contaminación e deterioración dos ecosistemas fluviais.

Sen achega económica

10.6.2022

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto de Estudos do Territorio para a contratación da fase de despregamento dun xestor de conxunto de datos xeoorreferenciados obtidos por medio de UAV (expediente: Civil UAVs Initiative 2021-2025: despregamento datos xeorreferenciados, Tierra-1).

Articular a colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto de Estudos do Territorio para a contratación da fase de despregamento da solución xestor de conxunto de datos xeorreferenciados obtidos por medio de UAV (expediente: Civil UAVs Initiative Fase II (RFP-B): datos xeorreferenciados, Tierra-1).

40.000 €

1.7.2022

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto de Estudos do Territorio para a contratación da fase de despregamento da adquisición, mantemento e automatización de bases topográficas e cartográficas mediante medios aéreos non tripulados (expediente: Bases topográficas e cartográficas, Tierra-2).

Articular a colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto de Estudos do Territorio para a contratación da fase de despregamento da solución para a adquisición, mantemento e automatización de bases topográficas e cartográficas (expediente: Civil UAVs Initiative Fase II (RFP-B): bases topográficas e cartográficas, Tierra-2).

40.000 €

1.7.2022

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto de Estudos do Territorio para a contratación da fase de despregamento do seguimento das dinámicas de ocupación do solo e axuda á planificación territorial mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados (expediente: Civil UAVs Initiative 2021-2025: ocupación do solo e planificación territorial, Tierra-3).

Articular a colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto de Estudos do Territorio para a contratación da fase de despregamento da solución da contratación de seguimento das dinámicas de ocupación do solo e axuda á planificación territorial mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados (expediente: Civil UAVs Initiative Fase II (RFP-B): ocupación do solo e planificación territorial, Tierra-3).

40.000 €

1.7.2022