Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49471

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de corrección de erros da oferta de emprego público de 2022.

O 23 de febreiro de 2022 publicouse a oferta de emprego público 2022.

Por acordo do Pleno da Corporación, na sesión do día 26 de xullo do 2022, corrixiuse erro no anexo do cadro de persoal no seguinte sentido:

Onde di:

«Técnico/a 1 A2 Admón. esp. técnico informática vacante».

Debe dicir:

«Técnico/a 1 B Admón. esp. técnico informática vacante».

Queda do seguinte xeito a oferta de emprego do exercicio 2022:

– Funcionarios de carreira:

Grupo segundo o artigo 76 do RDL 5/2015: grupo A1, escala, Administración especial, subescala técnica. Posto: arquitecto/a. Número de vacantes: unha.

Grupo segundo o artigo 76 do RDL 5/2015: grupo B, escala, Administración especial, subescala técnica. Posto: técnico/a de informática. Número de vacantes: unha.

Grupo segundo o artigo 76 do RDL 5/2015: grupo C1, escala, Administración especial, subescala básica. Posto: oficial policía local. Número de vacantes: unha.

Grupo segundo o artigo 76 do RDL 5/2015: grupo C2, escala, Administración xeral, subescala auxiliar. Posto: auxiliar. Número de vacantes: dúas.

– Persoal laboral:

Nivel de titulación: diplomado ou equivalente. Denominación do posto: coordinador/a dos servizos sociais municipais. Categoría: traballador/a social. Número de vacantes: unha.

Monforte de Lemos, 8 de setembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto do 1.2.2022)
Gloria Prada Rodríguez
Primeira tenente de alcalde