Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49470

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de modificación da convocatoria do proceso selectivo para o acceso ás prazas de técnico/a medio/a de xestión, en quenda de promoción interna.

No DOG núm. 50, do 14 de marzo de 2022, foi publicado o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para o acceso ás prazas de técnico/a medio/a de xestión, en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 174, do 1 de agosto de 2022, foi publicada a resolución relativa á modificación da convocatoria e as bases específicas que rexerán o proceso selectivo para o acceso ás prazas de técnico/a medio/a de xestión, en quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 13 de setembro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Economía e Recursos Humanos