Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49466

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 369/2022, polígono 21, parcela 917).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta administración, e de acordo co establecido no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faise pública a resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento do deber de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A021009170000GL, que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro. Efectuar comunicación para lembrarlle ao responsable o cumprimento das obrigacións incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral

36025A021009170000GL

Localización

O Seixido-Seixido

Superficie parcela

370,00 m² = 0,0370 ha

Superficie afectada

370,00 m² = 0,0370 ha

Rede de defensa contra incendios

Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Segundo. Posto que non constan no Concello datos recentes sobre a titularidade do dereito de aproveitamento dos terreos denunciados, considéranse responsables as persoas que figuren como titulares no Catastro inmobiliario.

Deste xeito, a persoa responsable da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas, está en investigación, segundo o descrito na Dirección Xeral do Catastro.

Ao tratarse dunha persoa responsable descoñecida, procederase ao descrito na alínea c) do punto oito da instrución, polo que a notificación se efectuará directamente mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, así como no taboleiro de anuncios do Concello, segundo o indicado no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Terceiro. De acordo co informe técnico municipal, emitido o 16 de agosto de 2022, apreciáronse as seguintes deficiencias:

Parámetros de xestión da biomasa

Área de actuación

Faixa 0-10 metros

Faixa 10-30 metros

Faixa 30-50 metros

Estrato arbóreo:

– Piñeiro galego

– Piñeiro do país

– Piñeiro silvestre

– Piñeiro de Monterrey

– Piñeiro de Oregón

– Mimosa

– Acacia negra

– Eucalipto

(disposición adicional terceira)

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbustivo:

– Queiruga

– Carqueixa

– Uz, carpaza

– Xesta

– Piorno

– Fento

– Silva

– Toxo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato herbáceo:

–Todas as herbáceas

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbóreo:

Frondosas caducifolias

– Ameneiro

– Pradairo

– Bidueiro

– Freixo/Freixa

– Castiñeiro

– Carballo

– Cerdeira

– Cerquiño

– Sobreira

– Aciñeira

– Abeleira

– Faia

– Umeiro

– Loureiro

– Sorbeira do monte

– Capudre

– Nogueira

– Érbedo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Rareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si.

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura:

poda mínima 4 m

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Rareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si.

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura:

poda mínima 4m

 Cumpre

 Non cumpre

Vexetación seca:

Arbórea, arbustiva e herbácea

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

A parcela denunciada conta con estrato arbóreo, arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.

Cuarto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia, ou ao da publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia), para que o responsable proceda á realización das actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Transcorrido o dito prazo, que os servizos técnicos municipais realicen visita de comprobación e emitan informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.

Sexto. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que, se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, sen máis trámites, á súa execución subsidiaria.

Lembrarlle ao responsable a obrigación que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Sétimo. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

UD

Actuación

Prezo unitario

Cantidade

Importe

ha

Roza matogueira c/ motorrozadoira, ø=3-6 cm, pte<30 %.

Roza manual empregando motorrozadoira dunha matogueira de diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 %, e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. No caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un.

1.783,54 €

0,037

65,99 €

ha

Recollida e empillamento de residuos, dens<10 t/ha, pte<30 %.

Recollida e empillamento de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas, podas e/ou claras ou rareos, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior ao 30 %.

274,01 €

0,037

10,14 €

ha

Queima de residuos, densidade <10 t/ha (Seaga).

Queima controlada de residuos forestais empillados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea.

190,47 €

0,037

7,05 €

 Total actuación 

83,18 €

Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, se procederá á exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda unha vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Oitavo. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, se iniciará tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Noveno. Notificarlles esta resolución aos interesados para que, no prazo de dez días, poidan examinar o expediente, formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes. Recibidas as alegacións ou transcorrido o prazo de audiencia outorgado, a Alcaldía formulará comunicación definitiva ao responsable, co contido sinalado no punto sétimo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, na cal se lle lembrarán as mencionadas obrigas incumpridas e se lle concederá para cumprilas un prazo máximo de quince días naturais.

Recursos procedentes. Contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, sobre o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar co procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, que poderá fundamentar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpoñer o recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Así mesmo, e de conformidade co disposto nos artigos 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por este anuncio dáselles un prazo de dez días para que se presenten nas dependencias deste concello e examinen os expedientes para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes.

A Lama, 31 agosto de 2022

Jorge Canda Martínez
Alcalde presidente