Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2022 Páx. 49573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo do cambio de instrutor no expediente PSC-CO-0629/2021-PPM e un máis.

A xefa territorial da Coruña da Consellería do Mar, con data do 28 de xuño de 2022, ditou acordo de cambio de instrutor nos expedientes sancionadores PSC-CO-0629/2021-PPM e PSC-CO-0007/2022-PPM, pola comisión de infraccións en materia marítimo-pesqueira.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do acordo aos interesados con documento nacional de identidade números 32836111T e 53302264V, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o dito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Mar na Coruña, sitas na r/ Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do expediente, mediante escrito en que se expresará a causa ou causas en que se funde, de conformidade co disposto nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Para que conste e sirva de notificación aos destinatarios indicados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

A Coruña, 9 de setembro de 2022

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña