Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2022 Páx. 51475

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 16 de setembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral da Presidencia, Dirección Xeral do Gabinete Técnico da Presidencia, anunciada pola Orde do 11 de agosto de 2022.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral da Presidencia, Dirección Xeral do Gabinete Técnico da Presidencia, anunciada pola Orde do 11 de agosto de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 160, do 24 de agosto), de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral da Presidencia, Dirección Xeral do Gabinete Técnico da Presidencia, anunciada pola Orde do 11 de agosto de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 160, do 24 de agosto).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a funcionaria que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a funcionario/a obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, de conformidade co establecido no artigo único do Decreto 166/2013, do 14 de novembro, que modifica o artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, lle fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2022

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.11.2013; DOG núm. 219, do 15 de novembro)
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral da Presidencia

ANEXO

Apelidos e nome: María Yésica Dopico Casal.

DNI: ***9768**.

Subgrupo: C2.

Corpo/escala: auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral do Gabinete da Presidencia.

Código: PX.102.00.000.15770.002.

Nivel: 18.

Dependencia: Secretaría Xeral da Presidencia, Dirección Xeral do Gabinete Técnico da Presidencia.

Localidade: Santiago de Compostela.

*O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.