Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51629

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de maio a agosto do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2022

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de maio, xuño, xullo e agosto

Convenio

Data de sinatura

Achega da Axencia

Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para o desenvolvemento do curso Retos tecnolóxicos na produción e almacenamento de enerxías renovables

23.6.2022

2.000,00 €

Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) para a realización de actividades de difusión e promoción de proxectos estratéxicos e singulares no eido da xeotermia e doutras fontes de enerxía renovable complementarias

1.7.2022

40.000,00 €

Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster Gallego de la Industria y Servicios de Apoyo al Desarrollo de las Energías Renovables y la Sostenibilidad Energética (Cluergal) para a realización de actividades de difusión, formación, información, asesoramento e promoción de proxectos no marco do PERTE de enerxías renovables, hidróxeno renovable e almacenamento (PERTE ERHA)

5.7.2022

40.000,00 €