Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2022 Páx. 51816

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

ORDE do 19 de setembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 28 de xuño de 2022 (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo praza producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que , de ser o caso, se lle concedesen ás persoa designada. No caso de incapacidade temporal, o prazo iniciarase a partir da data de alta.

Cuarto. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino, efectuarán dentro dos prazos sinalados no punto anterior as dilixencias de cesamento e de toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Cordido García, Soledad.

NRP: ******8468 A1135.

Subgrupo: C1.

Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral.

Código: PE.C03.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Centro de destino: Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O NRP amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.