Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 16/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no segundo cuadrimestre do ano 2022, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022
Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega
ANEXO
Convenio |
Achega do Consello da Cultura Galega |
Data de sinatura |
Acordo entre o Consello da Cultura Galega e Jesús Faílde Oro. |
Sen achega económica |
12.7.2022 |
Convenio de colaboración educativa entre a USC e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de Grao de Filoloxía Galega. |
Sen achega económica |
12.7.2022 |
Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a USC para a elaboración do proxecto Publicística e propaganda política en Galicia desde a Transición democrática ata o ano 2000. Ordenación, catalogación e comunicación pública do Fondo Miguel Gutiérrez. |
69.600 € |
8.8.2022 |
Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración galega. |
Sen achega económica |
8.9.2022 |