O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 9 de setembro de 2022, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Covelo por acordo do Pleno na sesión do 8 de maio de 2020, para desenvolver as facultades da liquidación previa á primeira matriculación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM).
A devandita delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.
O que se fai público para xeral coñecemento e os demais efectos.
Pontevedra, 9 de setembro de 2022
A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra P.D. (Resolución nº 2019012988, do 15 de xullo) Carlos López Font Deputado delegado de Réxime Interior, |
Carlos Cuadrado Romay Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra |