Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2022 Páx. 53154

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Ponteareas para desenvolver as facultades da fase instrutora e de recadación das multas de tráfico, así como da colaboración na tramitación do procedemento sancionador en materia de tráfico.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 9 de setembro de 2022, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Ponteareas por acordo do Pleno na sesión do 26 de xullo de 2022, para desenvolver as facultades da fase instrutora e de recadación das multas de tráfico, así como da colaboración na tramitación do procedemento sancionador en materia de tráfico.

A devandita delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e os demais efectos.

Pontevedra, 9 de agosto de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (Resolución nº 2019012988, do 15 de xullo)

Carlos López Font

Deputado delegado de Réxime Interior,
Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra