A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivo do procedemento sancionador 2021344AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do fallo da Sentenza nº 183/2021 do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, de 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.
Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.
Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Ourense, 20 de setembro de 2022
Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente |
DNI/NIE da persoa interesada |
Último enderezo coñecido |
2021344AE-OU |
X3486963W |
Rúa A Filgueira, 32540 A Gudiña (Ourense) |
20211006AE-OU |
76731273F |
Rúa Irmáns Fernández Álvarez, núm. 6, 3º esquerda, 32600 Verín (Ourense) |
2021660AE-OU |
44459626M |
Lugar San Benito da Veiga, núm. 45, 32711 O Pereiro de Aguiar (Ourense) |
2021666AE-OU |
36112885X |
Rivas, núm. 9 Crecente, 36420 A Cañiza (Pontevedra) |
2021744AE-OU |
44657692H |
Augalevada, Marabilla, núm. 11 A 32826 Cartelle (Ourense) |