Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021700AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021700AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza nº 183/2021, do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio se lles notificase as persoas interesadas o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 20 de setembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021700AE-OU

44491119B

Rúa Aldea de Abaixo, núm. 21, A Carballeira, San Cibrao das Viñas 32901 (Ourense)

2021705AE-OU

36487819K

Estrada Outar de Pregos, núm. 2, Outar de Pregos, O Bolo 32372 (Ourense)

2021723AE-OU

34606469W

Rúa Medio de Aldea, núm. 7, 32632 Baltar (Ourense)

2021738AE-OU

34477133H

Rúa Marcelo Macías, núm. 46, 6º A, 32002 Ourense

2021739AE-OU

34542147B

Rúa Marcelo Macías, núm. 46, 6º A, 32002 Ourense