Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2022 Páx. 53630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo co procedemento abreviado 232/2022.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo tramítase o recurso 232/2022 (procedemento abreviado), interposto por Patricia Pereira Álvarez fronte á desestimación presunta do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 26 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: grupo auxiliar da función administrativa) (DOG núm. 87, do 5 de maio).

A recorrente non está de acordo coa puntuación obtida na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos