No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 300/2022 (procedemento abreviado), interposto por Alicia López Vázquez contra a Resolución do 13 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (especialidade: facultativo/a especialista da área de medicina física e rehabilitación) (DOG núm. 119, do 22 de xuño).
A recorrente non está de acordo coa puntuación obtida na epígrafe de docencia, investigación e innovación sanitaria.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2022
Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos