Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2022 Páx. 53563

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 30 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade dun novo aspirante que superou o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 30 de setembro de 2022, o tribunal nomeado pola Orde do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro), de conformidade co disposto na base II.6 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante o Acordo do 14 de setembro de 2022 (publicado no DOG núm. 182, do 23 de setembro), este tribunal acordou elevar ao director xeral de Función Pública a lista das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela.

Segundo. O 23 de setembro publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 182 a Resolución do 14 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG núm. 182, do 23 de setembro).

Segundo a base II.6 da convocatoria, sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas».

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas.

Terceiro. O 29 de setembro de 2022, mediante escrito da Dirección Xeral da Función Pública, requíreselle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a que figuraba co número 5, Gloria María Carneiro Caneiro (con NIF núm. ***7145**), presentou a renuncia ao proceso selectivo e quedaron anuladas as súas actuacións.

Cuarto. Con base no anterior, este tribunal acorda facer pública, como anexo a esta resolución, unha persoa aspirante que superou o proceso selectivo, coas puntuación obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupa a posición 62 na orde de persoas aspirantes aprobadas. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG para presentaren a documentación prevista na citada base.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2

Orde

Quenda

Apelidos e nome

DNI

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Concurso

Total

62

Acceso libre

Rama Lago, María Inocencia

***9966**

18,07

20,60

Exenta

0,10

38,77