Praza: un posto de técnico/a superior de proxecto (referencia: EGI-ACE-21-TSP1).
Proxecto que se vai desenvolver: EGI Advanced Computing for EOSC (EGI ACE).
Modalidade contractual: contrato temporal de duración determinada, a xornada completa, vinculado a programas financiados con fondos europeos, para a realización do proxecto EGI Advanced Computing for EOSC (EGI-ACE), financiado pola Comisión Europea, dentro do programa europeo Horizon 2020, e regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro.
As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na páxina web do Cesga.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022
Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia