Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2022 Páx. 53634

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e á retirada das especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación da Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, están á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

NIF do titular catastral

6999/2022

27067A025001590000XK

Lugar A Tora, Covas, Viveiro, polígono 25, parcela 159

López López María Vicenta (se desconoce NIF)

27067A025001600000XM

Lugar A Tora, Covas, Viveiro, polígono 25 parcela 160

09975306E

Viveiro, 15 de setembro de 2022

María Loureiro García
Alcaldesa