Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2022 Páx. 53633

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da convocatoria do procedemento selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de enxeñeira/o industrial de administración especial, subescala técnica, persoal funcionario/a de carreira, polo procedemento de oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 152, do 11 de agosto de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de enxeñeira/o industrial de administración especial, subescala técnica, persoal funcionario/a de carreira, polo procedemento de oposición, grupo A1.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (www.culleredo.es), cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 15 de setembro de 2022

P.D. (Resolucion do 13.7.2020; BOP núm.114, do 23 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Seguridade Cidadá e Persoal