Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2022 Páx. 53571

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba e se fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir trinta e sete prazas da categoría profesional de técnico/a de servizos xerais.

Mediante a Resolución reitoral do 15 de marzo de 2022 (DOG do 28 de marzo) convocáronse probas selectivas para cubrir trinta e sete prazas da categoría profesional de técnico/a de servizos xerais, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 29 de marzo (DOG do 5 de abril) modifícase a resolución do 15 de marzo.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear as persoas que a continuación se relacionan membros titulares e suplentes do tribunal cualificador do proceso selectivo:

Tribunal titular:

Presidenta:

– María del Carmen Ríos López, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC.

Vogais:

– Mercedes Rivas Cascallar, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– María Isabel del Rocío García del Río, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

– David Nespereira Ulla, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretario:

– Jacobo Manuel González Fernández, funcionario de carreira da escala administrativa da USC.

Tribunal suplente:

Presidenta:

– María Josefa do Pazo Oubiña, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Vogais:

– Celina López Valdés, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Juan Oreiro Formoso, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

– Marcos Mirás Juncal, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretaria:

– Sonia Cordido Méndez, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela