De acordo coa Resolución do 1 de decembro de 2021 (DOG do 15 de decembro), mediante a que se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de normalización lingüística, polo sistema de promoción interna e de acceso libre, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo
Segundo. Convocar nun único chamamento as persoas aspirantes o día 1 de decembro de 2022, na aula 1 da Escola de Enxeñaría Forestal do Campus de Pontevedra, ás 11.00 horas, para a realización do primeiro exercicio. Deberán presentar o DNI e necesitarán bolígrafo negro ou azul.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 22 de setembro de 2022
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo