A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na súa reunión do 12 de setembro de 2022, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal, encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2022: axudas para a atención a persoas con discapacidade. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios e na intranet da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante quince días.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2022
Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega