A persoa instrutora do Concello de Sanxenxo ditou proposta de resolución no expediente sancionador SCOVID/SANXENXO/0516 e cinco máis, por vulneración da normativa sanitaria.
Intentada a notificación da proposta de resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.
Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica atópase á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Sanxenxo, situadas na rúa de Madrid, 1, Sanxenxo, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas de que, de non compareceren no referido prazo, a notificación entenderase producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.
De conformidade co disposto no artigo 89 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez concluída a instrución do procedemento, ponse de manifesto o procedemento e indícaselle ás persoas interesadas que dispoñen do prazo indicado no parágrafo anterior para formular alegacións e presentar os documentos e informacións que se consideren pertinentes.
De conformidade co disposto nos artigos 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, infórmaselles ás persoas interesadas de que a sanción que se indica na proposta de resolución poderá estar suxeita ás seguintes reducións: o 25 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade ou de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento, ou o 50 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade e de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento. A efectividade de calquera destas reducións estará condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso na vía administrativa contra a sanción.
Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022
Jorge Outeiriño Santos
Funcionario da unidade tramitadora
ANEXO
Número de expediente |
DNI/CIF persoa interesada |
Infracción imputada |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
SCOVID/SANXENXO/0516 |
53006078W |
Incumprimento da obriga de uso de máscaras ou doutros medios de protección ou o uso inadecuado dunhas ou doutros, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación |
Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
Artigo 44.bis.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
100 euros |
SCOVID/SANXENXO/0562 |
71350200Z |

SCOVID/SANXENXO/0631 |
77013373N |
Incumprimento da prohibición de consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e noutros lugares de tránsito público, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación |
Artigo 41.bis.b) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
Artigo 44.bis.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
300 euros |
SCOVID/SANXENXO/0733 |
06591781G |
Incumprimento da obriga de uso de máscaras ou doutros medios de protección ou o uso inadecuado dunhas ou doutros, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación |
Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
Artigo 44.bis.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
100 euros |
SCOVID/SANXENXO/0734 |
51748828R |
Incumprimento da obriga de uso de máscaras ou doutros medios de protección ou o uso inadecuado dunhas ou doutros, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación |
Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
Artigo 44.bis.2 da da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
100 euros |
SCOVID/SANXENXO/0735 |
51748830A |