En cumprimento do disposto no artigo 18 do Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, a Dirección da Axencia Turismo de Galicia dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 19 de maio de 2022, que a seguir se transcribe:
«Declarar festa de interese turístico de Galicia, de conformidade co establecido no Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, a Festa da Pataca (Coristanco)».
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2022
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia