Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, de notificación da resolución que declara a extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños sito na praia do Con de Xido, lugar do Facho, Cambados (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, e ante a posibilidade de existencia de persoas interesadas descoñecidas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a Resolución do 12 de setembro de 2022, da Consellería do Mar, pola que se declara a extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños titularidade de Marcelina Piñeiro Rey, sito na praia do Con de Xido, lugar do Facho, Cambados (Pontevedra).

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, situadas na praza de Europa, 5A-4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2022

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

Herdeiros descoñecidos de Marcelina Piñeiro Rey

Resolución do 12.9.2022