Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2022 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea do contrato de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de saneamento nas parroquias de San Mamede e Santa Cruz, fase III, Vedra (A Coruña)-OH.315.1176, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216 Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal; o portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto do contrato.

Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de saneamento nas parroquias de San Mamede e Santa Cruz, fase III, Vedra (A Coruña)-OH.315.1176.

Clave do expediente: GA.22025.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 14.587,66 euros. Importe total: 17.651,07 euros.

Prazo de execución: 7 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 10.867,81 euros. Importe total: 13.150,05 euros.

Empresa contratista: Control y Geología, S.A. (CYGSA).

3. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Actuación referida no punto 2 anterior cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07, servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais; submedida 7.2, apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético, e prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. «Europa inviste no rural».

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia