Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de setembro de 2022 polo que se notifica a resolución de traslado da orde de demolición ditada no expediente de reposición da legalidade PON/134/2015-RP1.

A subdirectora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 8 de agosto de 2022, resolve dar traslado da orde de demolición no expediente de reposición da legalidade PON/134/2015-RP1, polas obras realizadas no lugar de Fragoso, Xeve, no termo municipal de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución aos interesados, con documento nacional de identidade 35323139S e 35321429F, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos destinatarios arriba indicados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística