Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53859

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de modificación da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a prazas de celador/a de colexio público en quenda libre.

No DOG núm. 98, do 27 de maio de 2021, foi publicado anuncio da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a prazas de celador/a de colexio público, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 179, do 6 de agosto de 2022, foi publicada resolución relativa á modificación da convocatoria e das bases específicas que rexerán o proceso selectivo para o acceso a prazas de celador/a colexio público en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 13 de setembro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, da Xunta de Gobierno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos